Unha das grandes decepcións cinematográficas da temporada, polo menos a nivel personal.
Teño que recoñecer que, como tantos outros, son un seguidor desta saga. Leín e disfrutei das aventuras e desventuras, máis das últimas que das primeiras, deste personaxe creado po Pérez-Reverte. Esperaba a película con impaciencia, disposto a disfrutar dunha boa película de acción, sen pedirlle nada máis. Pasar un bo rato no cine e saír coa mesma sensación que tiña cando era un cativo e botaban unha de Errol Flynn. Nada máis lonxe da realidade. Pasei as máis de dúas horas que dura o filme esperando que arrancara. Pero nada. Saín cunha gran sensación de frustración.
O director Díaz Yanes, responsable da estupenda "Nadie hablara de nosotras cuando hayamos muerto" e da decepcionante "Sin noticias de Dios", equivócase completamente tanto na elección dos actores, no ritmo narrativo e, sobre todo, no guión.
Viggo Mortensen é un grandísimo actor e fisicamente da moi ben de Capitán Alatriste. Pero nada máis escoitalo na película resulta imposible crer o personaxe. É loable o gran esforzo que fai por disimular o acento arxéntino co que se expresa nun castelán correctísimo, pero non resulta en absoluto e, dado que é o persoaxe central da película, é un lastre demasiado pesado para que este proxecto chegue a bo porto.
A elección do actor principal non é o único erro de bulto que comete Díaz Yanes. Alguén me pode explicar algún motivo, por moi pequeno que sexa, que xustifique que Blanca Portillo sexa o gran inquisidor Frai Emilio Bocanegra? Convirte a unha magnífica actriz nunha mala caricatura.
É verdade que tanto Díaz Yanes como Pérez Reverte deixaron claro que non querían facer unha película de espadachines, pero no seu intento de incluír tódolos libros da saga e non centrarse nun ou en dous, consiguen é que a película se vexa como unha serie de escenas inconexas. Accións que dentro da trama dun determinado libro tiñan explicación e que eran fundamentais, na película parecen parches. Non existe un fío claro durante as dúas horas e os personaxes están sen desenrolar.
Ademais as escenas de acción parecen cutres. Hoxe en día coa axuda das técnicas dixitais e dos ordenadores pódense conseguir resultados espectaculares. Xa non hai que reunir a milleiros de extras, iso faino un bo PC. Non é cuestión de facer como Geroge Lucas na primeira entrega da última triloxía da guerra das galaxias, que onde collían 10 naves ou cacharros espaciais trataba de poñer 1000, pero hai máis xente un día de feira calquera no meu pobo que na batalla de Rocroix. Aínda que os meus coñecementos en historia son moi limitados, sei que foi unha batalla clave no declive do poderio español en Europa. A primeira gran derrota dos ata entón invencibles e casi míticos "Tercios de Flandes". Pois na película parece unha pequena escaramuza de catro tolos desesperados. Se se fai a película do cine español con maior presuposto hai que procurar atraer ao gran público. É triste ter que decir isto, pero nalgunhas cousas como no sentido do ritmo e no espectáculo moito temos que aprender aínda de Hollywood.
Hai que dicir tamén que hai cousas boas no filme. A ambientación e o vestiario son esplendidos e hai actores que o fan bastante ben (Echanove fai un Quevedo moi creíble).
Por último, quero destacar é o ben que acolleu a crítica española, non así a extranxerira, á película. Tódolos programas de televisión e tódolos medios escritos do estado desfixéronse en eloxios. Nin un só aspecto negativo. Non se poden queixar Díaz Yanes nin Pérez Reverte do apoio que teñen por parte dos medio nacionais.
Isto faime pensar o pouco influenciadas que están as críticas que leemos a diario por aspectos tan importantes como a amistade ou o colegueo, aspectos fundamentais á hora de que unha producción teña calidade ou non. Unha pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario