jueves, 30 de noviembre de 2006

HIJOS DE LOS HOMBRES


Recoméndolle está película a todo o mundo ao que lle guste o bo cine.
Está dirixida por Alfonso Cuarón, realizador mexicano que se deu a coñecer internacionalmente coa película "Y tu mamá también", con gran éxito de crítica, e que o público do cine máis comercial recordará por ser o responsable da derradeira entrega, por agora, parte da saga de Harry Potter, tamén cunha gran acollida por parte dos críticos.
Está ambientada no futuro, aínda que hai situacións que case as podemos ver hoxe en día, e presenta unha visión moi pesimista de cara onde vai a humanidade.
A humanidade perdeu a posibilidade de procrear e medra nela a desilusión e o desánimo ante a perspectiva da súa próxima desaparición . En todo o planeta reina o caos salvo en Inglaterra, onde grazas a converter ao país nun bunker pechado aos extranxeiros, que son perseguidos como nos peores días do nacismo, e debido ao axfisiante control policial, a sociedade pode vivir cunha relativa calma.
A aparición dunha muller embarazada, fai que un antigo idealista radical recobre a ilusión e as gañas de comprometerse.